luns, 27 mar 2006
A Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" promove a exposición "Goya e Camarón: pintores de cámara" como unha aportación á celebración da Reconquista de Vigo de 1809 a través de fondos artísticos de colección locais que se poderá visitar do 28 de marzo ao 7 de maio e que ven de presentar o concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves.
luns, 27 mar 2006
O concelleiro de Festas, Ignacio López Chaves e Francisco Javier Feijoó da asociación folclórica O Fiadeiro, presentaron a gala "Esta noite hai unha fía" que terá lugar o vindiero día 1 de abril ás 20 horas no centro cultural Caixanova e coa que se conmemorar os 10 anos da asociación.
luns, 27 mar 2006
n percorrido pola música da Idade Media, o Renacemento, Barroco e Clásico centran o repertorio do ciclo de Música Sacra que organiza a concellería de Cultura e que terá lugar os días 3,4,6 e 6 de abril ás 20:45 horas na parroquia-santuario "María Auxiliadora", con entrada libre ata completar a capacidade.
luns, 27 mar 2006
O Concello de Vigo ven de editar o libro "Aconteceu en marzo" de que é autora Modesta Regueira Núñez, con ilustracións de Jorge Magutis, e que novela os feitos históricos acontecidos en marzo de 1809 con motivo da Reconquista de Vigo.