Educación
xoves, 30 mar 2006
Do 3 ao 28 de abril de 2006 queda aberto o prazo de reserva de praza e entrega de documentación nas escolas infantís municipais de Vigo dependentes da Concellería da Área de Asuntos Sociais, para o novo alumnado.
xoves, 30 mar 2006
O concelleiro de Patrimonio Histórico, Ignacio López-Chaves, presidirá a presentación do libro "Cestería de los pueblos de Galicia" do investigador Carlos Fontales editado por Ir Indo Edicións , nun acto que terá lugar o día 31 de marzo ás 20:15 horas na Casa do Cesteiro (Rúa Real, 10).
xoves, 30 mar 2006
A concellería da Muller abre o prazo de inscrición para o curso de carácter gratuíto, "Álbum de recordos" destinado a mulleres maiores de 18 anos.
xoves, 30 mar 2006
O programa de ocio da concellería de Xuventude "Tardes e Noites Vivas" ofrece unha oferta variada de actividades e horarios para esta fin de semana destinadas aos xoves.
xoves, 30 mar 2006
Colombia porá a disposición dos seus cidadáns un Consulado Móbil en Vigo para que poidan realizar trámites como solicitar pasaportes e documentos de identidade sen necesidade de desprazarse ata o Consulado Xeral, que está situado en Madrid. O Consulado Móbil estará aberto a partir de mañá venres ata o domingo 2 de abril na lonxa do Concello.
xoves, 30 mar 2006
Orde do día para a sesión ordinaria que terá lugar o día 31 de marzo de 2006, ás nove horas, no salón de Plenos do Concello.