Escoitar

Curso para crear un ábum de recordos

A concellería da Muller abre o prazo de inscrición para o curso de carácter gratuíto, "Álbum de recordos" destinado a mulleres maiores de 18 anos.

xoves, 30 mar 2006
Os contidos do curso é materializar os coñecementos persoais relacionados cos recordos propios e a historia familiar a través dun álbum onde se poidan topar as imáxenes, gustos e diversos datos da persoa que realiza o álbum e do seu contorno familiar. Para eso as participantes terán que recompilar datos (fotografías, documentos, cancións, etc.) relacionados coa súa historia de vida e das persoas que desexan incluír no álbum.

O curso, con prazas limitadas, está destinado a mulleres maiores de 18 anos, terá unha duración de 24 horas e iniciarase o 19 de abril en horario de 19:30 a 21:30 os luns e mércores.

Lugar de realización dos cursos: Casa das Mulleres, rúa Romil, 20 VIGO.

Inscrición: na oficina da muller, 1ª planta da Casa do Concello de Vigo, Tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 15:00 h., ou a través do correo electrónico ofi.muller@vigo.org, ou Fax 986 430 082 (en calquera horario).

Prazo de inscrición: Aberto o prazo de inscrición ata o 12 de abril, ambos inclusive, ata completar o número de prazas disponibles.