O Consulado Móbil de Colombia estará aberto do venres 31 ao domingo 2 na lonxa do Concello
Colombia porá a disposición dos seus cidadáns un Consulado Móbil en Vigo para que poidan realizar trámites como solicitar pasaportes e documentos de identidade sen necesidade de desprazarse ata o Consulado Xeral, que está situado en Madrid. O Consulado Móbil estará aberto a partir de mañá venres ata o domingo 2 de abril na lonxa do Concello.
Mañá venres, 31 de marzo, o Consulado Móbil atenderá o público de 16:00 a 19:00. O sábado, 1 de abril, farao de 09:30 a 18:00; e o domingo, 2 de abril, estará aberto de 09:30 a 12:00.
Os trámites que se poderán realizar neste Consulado serán os seguintes:
1. Solicitude de pasaportes
2. Solicitude de Cédulas de Cidadanía.
3. Autorizacións de saída do país de menores de idade.
4. Poderes.
5. Antecedentes penais.
6. Rexistros de nacemento.
7. Inscrición consular.
8. Inscrición de cédulas para votar nas próximas eleccións de presidente e vicepresidente.
9. Certificacións.
O Consulado Xeral de Colombia informa de que, para aqueles trámites nos que sexa necesario aboar unha cantidade de diñeiro, é necesario realizar a consignación ou ingreso no Banco Bilbao Vizcaya Argentaria (BBVA), na conta número 0182-4927-53-0291502656, polo valor exacto. O recibo orixinal de cor amarela deberá presentarse no momento de facer o trámite.
Para máis detalles pódese chamar ao número de información do Concello (010), ao Consulado Xeral de Colombia (917 452 590, extensións 20, 27 e 31, e 902 021 917), ou entrar na páxina web do Consulado Xeral de Colombia en Madrid, www.consuladodecolombiaenmadrid.com.