Escoitar
Educación

Apertura do prazo de reserva nas escolas infantís municipais de Vigo para o curso 2006/2007

Do 3 ao 28 de abril de 2006 queda aberto o prazo de reserva de praza e entrega de documentación nas escolas infantís municipais de Vigo dependentes da Concellería da Área de Asuntos Sociais, para o novo alumnado.

xoves, 30 mar 2006
1143719054movedu09.jpg
Os impresos de solicitude facilitaranse nas propias escolas ou no Departamento de Educación do Concello de Vigo, debendo presentarse na escola na que solicita a praza ou no Departamento de Educación.

As listas provisionais publicaranse o 30 de maio de 2006 no taboleiro de anuncios de cada escola e no do Concello de Vigo, e abrirase un prazo de reclamacións de 10 días.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "Sta.Cristina" de LAVADORES:
Enderezo:Sta. Cristina, 1 (Lavadores)
Teléfono:986.28.07.32

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "Atalaia" de TEIS:
Enderezo:Avda. Dona Fermina, 9 (subida á Guía-Teis)
Teléfono:986.37.65.03

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL"Sta. Marta" de CASCO VELLO
Enderezo:Sta. Marta, 38 (Casco Vello)
Teléfono:986.44.21.53

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "Costeira" de SAIÁNS
Enderezo:Baixada á Praia, 83 (Saiáns)
Teléfono:986.49.86.77
Descargar todas as imaxes