Escoitar

Tardes e Noites Vivas

O programa de ocio da concellería de Xuventude "Tardes e Noites Vivas" ofrece unha oferta variada de actividades e horarios para esta fin de semana destinadas aos xoves.

xoves, 30 mar 2006
1143715736j.jpg
Venres 31 de marzo
- No Pavillón Instituto O Castro (rúa J.G. Posada Curros, 1) haberá obradoiros de Chaveiros de coiro. Batuka. Pachanga nocturna ao aire libre e Xogos de mesa variados. Entre as 22 e a 01 h.
- No Pavillón do Berbés (Jacinto Benavente, 1) Baile moderno. Obradoiro de Cociña vexetariana e Repuxado de coiro. Musculación e squash e Baloncesto "Vigo en xogo". Entre as 23 e a 01.30 h.
- Na Asociación Xuvenil Cancerbero (Heraclio Botana, 6 – Baixo esquerda) disputarase a Megabatalla a 2.000 puntos Warhammer fantasi, entre as 23 e 02 h.
- No Espazo Xove do Castro (Monte do Castro, ao carón da pista de bicicletas) Iniciación a linux. Danza oriental. Instrumentos musicais de refugallo. Iniciación ao teatro. Liga de xogos en rede. Internet, chat e messenger. Espazo aberto. Torneo de risk e monopoly. Dardos electrónicos. Entre as 17 e as 23 h.
- Na Asociación Veciñal Camiño Vello de Coia (r/ Marín, 1) continúa dispoñible Internet gratuíto dende as 19 ata as 21 h. para uso dos asistentes a esta sede.
- No Pavillón de Coia (Avda. Castelao s/n) haberá Batuka. Pachanga de fútbol e dardos. Entre 23 e 01 h.
- Na Asociación Xuvenil Abertal (r/ Venezuela, 3 Baixo) Faino ti mesmo;abelorios, pulseiras, coiro. Slot. Acceso a internet. Sala multiusos. Entre 17.30 e 22.30 h.

Sábado 1 de abril
- No Pavillón Instituto O Castro (rúa J.G. Posada Curros, 1) Capoeria. Obradoiro de Chaveiros de coiro. Ritmos brasileiros. Pachanga nocturna ao aire libre. Xogos de mesa. Entre 22 e 01 h.
- No Pavillón do Berbés (Jacinto Benavente, 1) haberá Método pilates. Obradoiro de Pinchos e canapés. Iniciación aos masaxes. Musculación e squash e Baloncesto "Vigo en xogo". Entre 22.15 e 01.30 h.
- No Espazo Xove do Castro (Monte do Castro, ó carón da pista de bicicletas) Iniciación a break-dance. Instrumentos musicais de refugallo. Liga de xogos en rede. Internet, chat e messenger. Espazo aberto. Torneo de risk e monopoly. Dardos electrónicos. Entre 17 e 23h.


As actividades desenvólvense entre as 17:00 e as 2:00 horas, segundo o espazo, podéndose consultar máis información na Casa da Xuventude no 986 294 806 ou na web www.xuventudevigo.org
Descargar todas as imaxes