As fotos gañadoras do premio "Luís Ksado" expóñense na Casa das Artes
A Casa das Artes acolle a partir de mañá xoves 30 de marzo ás 20:00 a exposición de imaxes gañadoras do 6º Premio de Creación Fotográfica "Luís Ksado", que tivo a Galicia como tema central. Esta mostra é promovida pola Concellaría da Área de Asuntos Sociais e a Deputación da Coruña.
A obra de Miguel Riopa, gañador do certame, titúlase "Verde-Roxo-Negro" e componse dunha selección de fotografías sobre os incendios forestais, cunha énfase especial no drama humano da loita contra o lume.
Á parte da reportaxe premiada, a mostra inclúe as obras finalistas: "A Galicia", na que Nacho Santas sintetiza o Camiño de Santiago cunha grande efectividade visual; "Coruña 15010", onde Stéphane Lutier ofrece retratos ambientados nun barrio da Coruña; "Días de mar", de Javier Teniente, fotógrafo que emociona coa crónica do día a día dos mariñeiros de alta mar; "Galicia, entre a terra e o mar", conxunto no que Emanuele Mozzetti emociona de igual maneira cun tema similar, pero en terra; e "Man, debuxos", de Pablo Losada Gómez, constituída por imaxes dunha personaxe única que non puido sobrevivir á traxedia do Prestige.
O premio "Luís Ksado" foi creado pola Deputación da Coruña en 1997 como homenaxe a este gran fotógrafo e para apoiar o feito fotográfico. Luís Ksado, referente da fotografía galega, estivo vinculado a Vigo a través do estudio de fotografía que mantivo nesta cidade de 1922 a 1937.
Esta exposición poderá visitarse ata o 7 de maio, de luns a venres (de 18:00 a 21:30), os sábados (de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:30) e os domingos e festivos (de 11:00 a 14:00).
Descargar todas as imaxes