venres, 31 mar 2006
O servizo de Bombeiros contará proximamente de novos vehículos para combater eficazmente os sinistros , segundo acordou a Corporación Municipal na sesión plenaria de hoxe ao aprobar unha modificación de crédito polo que se poderá adquirir un vehículos de rescate e salvamento, un de rescate acuático e un todo terreo.
venres, 31 mar 2006
O colexio público "Ría de Vigo" amosa unha exposición que pon en contacto o mar e a arte , dentro do proxecto didáctico "A ría de Vigo:os seus Tesouros"seleccionado no concurso de ideas para a elaboración e desenvolvemento de programas educativos que promoveu o Servizo de Educación do Concello.
venres, 31 mar 2006
A concelleira de Participación Cidadá , Marta Iglesias, presenta o sábado a conferencia "Internet. A información como apoio a busca de emprego e o estudio", ás 10:30 no Centro de Internet Municipal do local da Unión Veciñal Cultural e Deportiva de Candeán.
venres, 31 mar 2006
Esta fin de semana a compañía viguesa Máscara Produccións ofrece dúas representacións da súa obra "Caldo de conciencia", dentro da programación de artes escénicas do departamento municipal de Cultura, a través da Rede Galega de Teatros. As representacións serán o sábado e o domingo ás 20 horas no Auditorio Municipal.
venres, 31 mar 2006
Un percorrido pola música da Idade Media, o Renacemento, Barroco e Clásico centran o repertorio do ciclo de Música Sacra que organiza a concellería de Cultura e que terá lugar os días 3,4,5 e 6 de abril ás 20:45 horas na parroquia-santuario "María Auxiliadora", con entrada libre ata completar a capacidade.
Recadación Voluntaria
venres, 31 mar 2006
<br />
<br />
<br />
<br />