Escoitar

Unha comisión especial impulsará a remodelación de Balaídos

Representantes de todos os grupos políticos municipais constituirán unha comisión especial para impulsar e supervisar a remodelación do Estadio Municipal de Balaídos, segundo acordou hoxe venres por unanimidade o Pleno da Corporación.

venres, 31 mar 2006
1143812902pleno310306.jpg
Polo mesmo acordo, o Pleno instou o Goberno muncipal á elaboración dun proxecto de reconstrución e obra do estadio que se deberá basear no anteproxecto de remodelación elaborado en 1999. Así mesmo, a alcaldesa, Corina Porro, deberá pórse en contacto coas distintas administracións para chegar a un acordo sobre o financiamento das obras.

Por outra parte, o PSdeG-PSOE viu aprobada a súa moción de apoio ao Goberno central por ter elaborado un anteproxecto de lei de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia. Tamén saiu adiante, co apoio de todos os grupos, a proposta socialista de implantar unha xornada de portas abertas no Concello, para que os cidadáns coñezan o funcionamento e historia desta institución.

Ademais, resultou aprobada, cos votos favorables de todos os grupos menos o PP, que se abstivo, unha moción do BNG para que o Concello asegure a profesionalidade e o traballo a tempo completo da dirección da Escola de Artes Oficios. Así mesmo, o Pleno deu o seu visto bo por unanimidade a outra moción do mesmo grupo que ista a Xunta de Galicia e o Ministerio de Xustiza á creación en Vigo, ao longo de 2006, dun xulgado exclusivo para casos de violencia de xénero.

Pola súa banda, o PG recibiu o apoio de todos os grupos coa súa proposta de demandarlles aos técnicos municipais a realización dun estudo sobre as actividades culturais e sociais que se están a desenvolver nas parroquias e nos barrios de Vigo, co obxectivo de elaborar un plan de axudas para este tipo de actividades.
Descargar todas as imaxes