Participación coma beneficiario no proxecto Actívate
<br />
O Prexecto Actívate é, dentro do Plan municipal de emprego 2004-2007, unha iniciativa máis da Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego do Concello de Vigo, posta en marcha no marco do Programa Operativo de Fomento de Emprego a través da Subvención Global do Fondo Social Europeo.
O seu obxectivo é ofrecerlles ás persoas demandantes de emprego, empadroadas na cidade de Vigo, a través de diferentes itinerarios de inserción, unha oportunidade de práctica laboral acompañada da formación adecuada.
Convoca a selección de participantes nos seguintes itinerarios:
ITINERARIOS DE INSERCION LABORAL RELACIONADOS CO SECTOR DE ATENCION A PERSOAS, PARA DEMANDANTES DE EMPREGO:
Beneficiarios/as: persoas desempregadas de Vigo, inscritas no Servizo Público de Emprego interesadas en capacitarse e insertarse laboralmente como:
-Condutor/a-Monitor/a de transporte adaptado e escolar.
ITINERARIOS DE INSERCIÓN LABORAL PARA DEMANDANTES DE EMPREGO CON ESPECIAIS DIFICULTADES PARA A SÚA INSERCIÓN NO MERCADO LABORAL:
Beneficiarios/as: exclusivamente as persoas demandantes de emprego de Vigo con especiais dificultades para a súa inserción no mercado de traballo (entre outras, persoas afectadas por unha discapacidade física, psíquica ou sensorial; persoas sometidas a maltrato físico ou psíquico; persoas en proceso de rehabilitación ou reinserción social tales como extoxicómanos/as, exreclusos/as, etc.; persoas pertencentes a etnias desfavorecidas ou minoritarias na sociedade; inmigrantes) que queiran capacitarse e insertarse laboralmente como:
-Experto/a en limpeza
Documentación:
As persoas interesadas en participar que cumpran o perfil indicado, deberán presentar as solicitudes debidamente cubertas, segundo o modelo que se facilitará, xunto coa seguinte documentación (orixinal e fotocopia): DNI/NIF, tarxeta de demandante de emprego, certificado de antigüidade na demanda e vida laboral. De ser o caso, certificado de minusvalía e documentación acreditativa de pertenza a colectivos con especiais dificultades de inserción laboral. Para o curso "Condutor/a-monitor/a de transporte adaptado e escolar", copia do permiso de conducir tipo B.
Bases do proceso de selección, información e entrega de solicitudes:
PROXECTO ACTÍVATE. Centro de emprego Rivera Atienza (CERA). Avda. Martínez Garrido, 21 int. baixo (36205 Vigo). Tfno.: 986 266 320.
Horario: 9.00 a 13.30 h.
Prazo de recollida de solicitudes: ata o 10 de abril de 2006.
As bases do proceso pódense consultar tamén na web http://emprego.vigo.org