O luns comeza o ciclo de "Música Sacra"
Un percorrido pola música da Idade Media, o Renacemento, Barroco e Clásico centran o repertorio do ciclo de Música Sacra que organiza a concellería de Cultura e que terá lugar os días 3,4,5 e 6 de abril ás 20:45 horas na parroquia-santuario "María Auxiliadora", con entrada libre ata completar a capacidade.
O grupo La Colombina inaugura o ciclo o luns 3 de abril con extractos dunha das mellores obras de Tomás Luis de Victoria Officium Hebdomadae Sanctae (Roma,1585) . La Colombina está formada por catro cantantes: Raquel Andueza, soprano; José Hernández Pastor, alto; Josep Benet, tenor; e Josep Cabré, barítono. O grupo conságrase á música do Renacemento e do primeiro Barroco, tanto relixioso como profano, case sempre a capela, pero tamén acompañados de instrumentos cando o repertorio o require.
Da man do grupo Capilla Peñaflorida interpretarase a "Missa Pro Defunctis de Antonio Soler ( 1729-1783) o martes 4 de abril , coa dirección de Josep Cabré .
O grupo de música antiga "Martín Codax" ofrecerá un repertorio das "Cantigas de Santa María de Alfonso X O Sabio" (século XIII) o mércores 5 de abril. O grupo leva máis de dez anos dedicado ao estudio e interpretación de música escrita dende a Idade Media ata o Renacemento, especialmente dos séculos XII, XIII e XIV. O nome do grupo rende homenaxe a un dos máis importantes representantes da lírica galaico portuguesa, o trobador vigués Martín Códax, sendo as súas sete cantigas parte do repertorio interpretado polo grupo.
O xoves, 6 de abril , a Ensemble Vigo 430 , actuará coa obra para coro e orquestra Stabat Mater de Pergolesi . O grupo creouse en xaneiro de 2005, e na súa aínda curta existencia conquistou xa as máis eloxiosas críticas pola orixinalidade das interpretacións e o coidado do estilo da cada autor. No seu amplo repertorio atópanse obras que van dende o Barroco ata os nosos días.
Descargar todas as imaxes