Escoitar

Exposición didáctica "mar e arte"

O colexio público "Ría de Vigo" amosa unha exposición que pon en contacto o mar e a arte , dentro do proxecto didáctico "A ría de Vigo:os seus Tesouros"seleccionado no concurso de ideas para a elaboración e desenvolvemento de programas educativos que promoveu o Servizo de Educación do Concello.

venres, 31 mar 2006
1143807143Dscn0407.jpg
A exposición didáctica "Mar e Arte" é a concreción final do referido proxecto que inicio o seu traballo o pasado 7 de outubro na aula de plástica do Ceip "Ría de Vigo" onde en horario extraescolar se ofertaron dous obradoiros abertos a toda a comunidade educativa, de elaboración e reprodución de animais mariños a partires de materiais reciclados, que tiveron como principio de referencia as tres erres: Reducir, Reutilizar, Reciclar. Nestes obradoiros participaron 46 familias do colexio (un 41% do total) e a equipa submarina da Fundición Nautilus formou 115 "artenautas".

Con motivo da inauguración da exposición, na tarde do venres, o centro educativo organizou unha "gran festa do mar" que comezará cun xantar ao que asistirá a alcaldesa e o concelleiro de Educación así como o claustro de profesores, consello escolar, Ampa do centro e a Fundición Nautilus. Posteriormente haberá unha visita guiada polas distintas dependencias ambientadas (vestíbulo, comedor, ximnasio, mural exterior...) e a inauguración oficial por parte da alcaldesa, Corina Porro.

Ás 16:20 h. está previsto o estreo da peza musical "Mar e Arte" interpretada polo alumnado do colexio e a continuación comezarán as actividades realizadas polo alumnado con temática mariña: cancións mariñeiras, diálogos de besugos, cousas do mar e preguntas por resolver, títeres salvar o mar, recitado de poesía mariñeira, mar de música con percusión, guitarra e coro, nos mariñeiros, bandeiras mariñas, xogo de orientación na néboa do mar, na busca da cuncha perdida, cruzar a ría ...

Ás 18.30 h. haberá unha degustación de excelencias do mar aportadas polas familias e ás 21.00 h. representarase o espectáculo didáctico de narración oral e musical "Vento mareiro" no Local Social da San Miguel de Oia.

Ao longo desta exposición permanente de ambientación submarina, poderá verse unha exposición fotográfica e de vídeo dos traballos realizados no marco do proxecto do Colexio "A mar de saberes".
Descargar todas as imaxes