Cobranza do Imposto de vehículos de tracción mecánica 2006
<br /> <br /> <br /> <br />
EXACCIÓNS MUNICIPAIS
PERÍODO VOLUNTARIO DE COBRANZA
Por Resolución da Alcaldía de data 23 de marzo do 2006, sinálase o período voluntario de cobranza dos tributos:
Imposto de vehículos de traccións mecánica
Período de cobranza: Do 31 de marzo ao 31 de maio do 2006, ambos os dous incluídos.
Forma de pagamento:As persoas contribuíntes que reciban no seu domicilio fiscal un xogo de impresos para tal fin, poderán efectuar o ingreso Na oficina da entidade de depósito colaboradora na prestación do servizo de Caixa sita na praza do Rei s/n de luns a venres e de 9 a 13.30 horas, ou nas entidades colaboradoras que de seguido se indican:
Caja Madrid, Atlántico, Caixanova, Galicia, Caixa Galicia, Bilbao-Vizcaya Argentaria, La Caixa, Pastor, Caja Duero, Simeón, Caja Cataluña, Sabadell, Santander, Citibank, Central-Hispano, Mapfre, Gallego,Espírito Santo, Popular, Zaragozano, Caja España, Etchevarría, Banesto.
Aqueles que non reciban os impresos poderán facer o ingreso no mesmo prazo indicado nas entidades BBVA, La Caixa ou Caixanova.
Rematado o prazo de cobranza no período voluntario, os recibos que non fosen satisfeitos serán exaccionados pola vía de constrinximento, segundo o establecido no artigo 97 e seguintes do Regulamento xeral de recadación.
N O T A I N F O R M A T I V A
Normas de procedemento para o ingreso de tributos municipais de cobro periódico e notificación colectiva neste presente exercicio:
1º.- O Concello remitirá a todos os domicilios fiscais un documento que consta de tres exemplares co que se poderá facer o ingreso en calquera entidade bancaria, ou directamente na oficina da entidade de depósito colaboradora na prestación do servizo de caixa sita na praza do Rei, s/n.
2º.- As persoas contribuíntes que teñan domiciliado o tributo só recibirán unha nota informativa na que se lles recomenda a provisión de fondos en conta corrente para a data do vencemento, co fin de que a entidade domiciliaria poida cargar o seu importe. As devolucións que se produzan causarán baixa automaticamente no ficheiro xeral de domiciliacións do Concello e seranlles noficadas aos titulares.
3º.- As persoas contribuíntes que supostamente teñan os seus tributos domiciliados e aínda así reciban nos seus domicilios o documento de pagamento, será porque esa domiciliación é incorrecta. Deberán entregar o xogo de documentos na entidade bancaria que o tratará como un cobro de ventá sen prexuízo de que, unha vez asinada a autorización, sexa informatizada a citada domiciliación para exercicios posteriores.
4º-.As persoas contribuíntes que por calquera causa deixen de recibir o documento de pagamento poderán efectualo directamente nas entidades BBVA, La Caixa ou Caixanova onde lles estenderán un duplicado do recibo solicitado para tal efecto.