Escoitar

Presentación do libro "cestería de los pueblos de galicia"

O concelleiro de Patrimonio Histórico, Ignacio López-Chaves, presidirá a presentación do libro "Cestería de los pueblos de Galicia" do investigador Carlos Fontales editado por Ir Indo Edicións , nun acto que terá lugar o día 31 de marzo ás 20:15 horas na Casa do Cesteiro (Rúa Real, 10).

xoves, 30 mar 2006
1143718833cesteria.jpg
O libro Cestería de los pueblos de Galicia está considerado como a única obra centrada especificamente no sector artesanal da cestería en Galicia. Constitúe un manual de cabeceira para os artesáns do sector, e unha completa guía de consulta para os afeccionados, interesados e curiosos que desexen achegarse a esta milenaria arte.

Carlos Fontales, coa mestría e precisión de linguaxe que lle dan os moitos anos de dedicación á docencia da cestería, presenta unha ampla visión sobre esta arte e a súa idiosincrasia, pasando pola tradición, a historia, o contorno e a cultura que se lle asocian, que completa cunha análise detallada das técnicas e modelos de cestería.

Partindo destas premisas, o autor realiza un repaso estructurado polos diferentes métodos para exercer esta arte, tanto no relativo a materias primas, como ás técnicas de traballo. O libro inclúe un DVD co que se poden visionar todos estes procesos.

Na presentación do libro participarán o editor Bieito Ledo Cabido; Francisca López López, directora do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo e Carlos Fontales, autor do libro.
Descargar todas as imaxes