Escoitar

O Concello aproba as bases da oferta de emprego público

A Xunta de Goberno Local aprobou as bases xerais e específicas da Oferta de Emprego Público do Concello de Vigo para o ano 2005 e dos procesos selectivos coa finalidade de proceder á cobertura das prazas vacantes na actual Relación de Postos de Traballo. En total sae a oferta pública 170 prazas .

luns, 27 mar 2006
Destas 170 prazas , 131 é de persoal funcionario e 39 é persoal en réxime laboral fixo. Aprobouse tamén que sete prazas resérvanse para persoas con discapacidade.

Nesta proposta queda pendente a oferta de emprego público dos organismos autónomos municipais Parque das Ciencias Vigo-Zoo, Escola Municipal de Artes e Oficios, Instituto Municipal dos Deportes e Xerencia Municipal de Urbanismo, en tanto non sexan efectuadas polos seus órganos rectores as correspondentes propostas.

As bases teñen que publicarse no BOP e no BOE polo que o goberno local prevé que nos meses de xullo e agosto comecen a efectuarse as primeiras probas de selección.