Escoitar

O Fiadeiro celebra o seu décimo aniversario co espectáculo " Esta noite hai unha fía"

O concelleiro de Festas, Ignacio López Chaves e Francisco Javier Feijoó da asociación folclórica O Fiadeiro, presentaron a gala "Esta noite hai unha fía" que terá lugar o vindiero día 1 de abril ás 20 horas no centro cultural Caixanova e coa que se conmemorar os 10 anos da asociación.

luns, 27 mar 2006
1143446971fiadeiro.jpg
Nesta Gala recuperanse tódolos bailes que ó longo da nosa historia da asociación acadaron primeiros
premios en concursos, tendo o aliciente tamén de contar coa presencia noescenario de tódolos excompoñentes do grupo que quixeron participar na gala.

Durante duas horas, sesenta e catro compoñentes executarán danzas de toda axeografía galega, coidadosamente adaptadas á escena, con cadanseu vestiario propio da zona donde foi recuperada a información e acompañado das voces, instrumentos e sons axeitados. Sen dúbida un espectáculo visual e auditivo representante da tradición galega.


Tódolos grupos de O Fiadeiro colaboran na organización, no teatro-sala de concertos Caixanova de Vigo, da gala bianual denominada "Esta Noite Hai Unha Fía", da que a última edición foi o pasado abril de 2004. Neste espectáculo, O Fiadeiro tenta amosar o seu traballo de escenificación e recuperación etnográfica dos dous anos precedentes.

As localidades pódense reservar a través da entidade Caixanova, no teléfono 902 504 500 ou na web www.caixanova.es.

A gala está patrocinada pola concellería de Festas e Animación Sociocultural do Concello de Vigo, a Deputación de Pontevedra e Caixanova
Descargar todas as imaxes