Escoitar

Castrelos presenta unha exposición sobre "GOYA e CAMARÓN: Pintores de Cámara"

A Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" promove a exposición "Goya e Camarón: pintores de cámara" como unha aportación á celebración da Reconquista de Vigo de 1809 a través de fondos artísticos de colección locais que se poderá visitar do 28 de marzo ao 7 de maio e que ven de presentar o concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves.

luns, 27 mar 2006
1143455221camaron.jpg
A exposición está integrada por catro cadros que mostran tres personaxes claves da época napoleónica: Carlos IV, Fernando VII e Pío VII, ao través dos cadros executados polos pintores de Cámara, Francisco de Goya y Lucientes e José Camarón y Meliá. Preténdese que a través dun pequeno número de obras artísticas de fondos artísticos locais, se dispoña dun pretexto para profundizar no coñecemento da nosa historia local e, mesmo, dos principais protagonistas dos acontecementos.

A exposición apóiase con: dúas pantallas táctiles a través das que os visitantes poden interactuar cunha presentación onde se mostran as ideas principais que se pretenden comunicar; material didáctico, con propostas ao profesorado para o traballo co alumnado; sesións didácticas no lugar da exposición, para escolares de 2º ciclo de primaria e ESO

Ademais das dúas obras de Goya que están permanentemente no Museo Local, tamén se mostran dúas obras do Museo Diocesano de Tui-Vigo. Con motivo desta exposición edítase un folleto que aporta información histórica, sobre a época, os seus protagonistas e sobre os pintores Francisco de Goya e José Camarón. Esta exposición é unha producción propia do Museo Municipal "Quiñones de León", a comisaria é Mariel Larriba Leira. Os textos son de Jesús Casás Otero, director do Museo Diocesano de Tui-Vigo, de Beatriz Cebrián Ramos e Mariel Larriba Leira.
Descargar todas as imaxes