Escoitar

Convenio de colaboración entre o Concello e a Federación de Bandas Populares de Música de Vigo

A concellería de Festas e Animación Sociocultural asinará un convenio no que se establece o apoio , potenciación e promoción por parte do Concello das nove bandas populares de música de Vigo agrupadas na Federación de Bandas, a través da programación de ciclos de concertos e actuacións durante todo o ano polos barrios e centro da cidade, dentro do programa "Vigo, un mar de bandas" e da posta en funcionamento do programa de formación continua para músicos "Aulas de música nas bandas".

martes, 11 abr 2006
1144754226candean.jpg
Banda de música de Candeán
O número total de actuacións con cargo ao convenio será de 117, trece por cada unha das bandas asinantes: Unión Musical de Valadares, Unión Musical de Coruxo, Escola de Música de Beade, Agrupación Musical Atlántida de Matamá, Lira de San Miguel de Oia, Escola de Música da UVCD de Candeán, Unión Musical de Cabral, As Delicias do Caeiro-Cabral e Ateneo Musical de Bembrive.

O importe total do convenio ascende a 154.860 euros e as actuacións irán destinadas ao público en xeral, con acceso libre e gratuíto, ata completar o aforo do lugar onde se celebren.

O convenio establece tamén un ciclo dentro das Festas do Cristo da Victoria 2006 no que tomarán parte as nove bandas e que se celebrará entre os días 15 de xullo e 1 de agosto.

En relación ao programa Aulas de Música nas Bandas a federación deberá presentar un informe cuatrimestral sobre o desenvolvemento do programa que incluirá datos sobre os cursos e a súa duración, número de alumnos inscritos, profesorado, relación de materias impartidas por curso, contidos e obxectivos destas materias, e outras actividades complementarias que se realicen.
Descargar todas as imaxes