Exposición de instumentos tradicionais
No Museo Liste de Vigo pódese ver a exposición temporal de instrumentos tradicionais "Sons doutro tempo,hoxe.O prodixio de Antón Corral"
Máis de corenta instrumentos da nosa tradición musical, a meirande parte saídos das mans deste mestre artesán, creador e investigador, que abre para o Museo as portas do seu obradoiro.
A exposición permanecerá aberta ata o 20 de maio, con entrada libre.
Antón Corral é mestre de gaiteiros e unha das persoas que máis fixeron por manter viva a música tradicional. Primeiro desde o seu obradoiro de Ortigueira e despois, durante dúas décadas, por medio do seu traballo na Universidade Popular, onde ensinou a tocar a algúns dos mellores gaiteiros que hoxe se poden escoitar en Galicia e onde se encargou tamén de transferir os seus coñecementos no eido da construcción de instrumentos musicais populares.
Antón Corral foi tamén fundador da banda de gaitas Xarabal
Museo Etnográfico Liste
O Museo Liste ofrece unha visión globalizadora do patrimonio galego cun carácter monográfico, unidisciplinar, de clara vocación etnográfica e que atende basicamente á cultura material, moble e espiritual.
Nove salas de exposición permanente exhiben máis de 2.000 pezas a través das que o visitante percorre os oficios artesanais galegos, a cultura do centeo, a roda tradicional, o peche, os tecidos, a madeira escavada, a luz, a materialidade da fe e a arte de curar.
A sede do museo atópase na rúa Pastora, nº 22, nun edificio civil propiedade do Concello de Vigo e cedido á Fundación Liste por un prazo de 50 anos.
Descargar todas as imaxes