Escoitar

Títeres no auditorio municipal

A compañía de Títeres Cachirulo representará esta fin de semana a obra "A pedra que arde" dentro da programación teatral para público familiar que organiza a concellería de Cultura. O auditorio municipal será o escenario onde suban os títeres o sábado en dobre sesión, ás 12 e ás 18 horas. O prezo da entreda é de 3 euros para adultois e de 2 euros para infantil.

venres, 7 abr 2006
1144651385cahirulo1.jpg
Espectáculo basado no conto de Eduardo Galeano "La piedra arde", no que Miguel, protagonista da historia, fai unha incursión na horta que ten as mellores maceiras da comarca, pero alguén vixia,
¡¡ é o can!!. Tenta fuxir coa mazá, tropeza e o can impídelle marchar.

Este encontro vai ser o desencadeante dunha serie de situacións novas na súa vida que veñen dadas pola amizade que xurde entre el e o señor Pedro, dono do Can, un amable velliño que pese ó seu aspecto temerario é un home de grande corazón.

Miguel vai atopar unha pedra máxica que podería devolver a Pedro a súa xuventude en troco de... (chan, cha, cha, chan)

Vigo a Escena
A programación teatral do Concello para a fin de semana compleméntase coas funciones do programa Vigo a Escena.O sábado, día 8, ás 22horas a compañía Fulano, Mengano e Citano actuará na SCD "Atlántida" de Matamá. Tamén o sábado, ás 18 horas o grupo A Loca Motora estará na AVV "O Carballo" Sárdoma; e o domingo día ás 18,30 Fulano, Mengano e Citano subirán aos escenario da AVV "Monte da Mina" Castrelos.
Descargar todas as imaxes