Escoitar
Anuncio Xerencia de Urbanismo

Aprobación inicial do proxecto de normalización de predios UNP 4 PERI IV-01 PERI San Roque.

venres, 7 abr 2006
A Xunta de Goberno Local na súa sesión do 6 de marzo de 2006 acordou aprobar inicialmente o proxecto de normalización de predios da "UNP 4" do PERI IV-01-San Roque A, redactado polo arquitecto D. Enrique Rodríguez Alfaro, con Memoria e Planos visados polo COAG no 10/02/2006 (expte. 4636/401).

Sométese o presente expediente ao trámite de información pública polo prazo dun mes a traverso da súa publicación no Boletín oficial da Provincia e nun diario dos de maior circulación da provincia de abeiro do establecido nos artigos 108 e 117 do Reglamento de Xestión Urbanística, siñificando que o prazo de exposición pública entenderase aberto dende a data de publicación do devandito anuncio.

A documentación está na oficina de Información pública da Xerencia Municipal de Urbanismo sita na planta baixa da Xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación nos térmos do artigo 59.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódalas persoas propietarias e interesadas directamente afectadas que por resultaren descoñecidas ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificadas persoalmente.