Turismo de Vigo inaugura novos puntos de información turística coincidindo coa Semana Santa
A Concellaría de Turismo de Vigo, dirixida pola concelleira Lucía Molares, pon en funcionamento coa chegada da Semana Santa as cinco primeiras casetas de información turística do Concello. Estarán situadas nas prazas de España, do Rei e da Estación, na Porta do Sol e en Montero Ríos.
As instalacións, que formarán parte do mobiliario urbano da cidade, tiveron un custo aproximado de 20.200 euros cada unha, o que soma un total de cerca de 101.000 euros. Cunha superficie de 2,5 x 2,5 metros e uns 3 metros de altura, as casetas están rotuladas co símbolo de Turismo de Vigo. A súa base está formada por unha estrutura de aceiro e os materiais son de calidade, pensados para perdurar no tempo e resistir actos vandálicos.
Os puntos de información están situados en cinco puntos estratéxicos da cidade: prazas de España, do Rei e da Estación, Porta do Sol e Montero Ríos. Os centros de Turismo de Vigo estarán abertos durante toda a Semana Santa e no verán, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas.
O punto de información situado nas cercanías da zona portuaria ábrese para informar os cruceristas da oferta turística da cidade. Desta maneira, a Concellaría de Turismo aposta por que os pasaxeiros dos cruceiros permanezan na cidade durante a súa escala. O servizo de información da zona portuaria ten unha gran demanda, polo incremento de cruceiros nos últimos anos e pola cantidade de turistas que se achegan á cidade para visitar as Illas Cies. Así, durante o mes de abril nove cruceiros farán escala na cidade de Vigo: Oceana, Van Gogh, Arcadia, Aida Blu, Mona Lisa, Van Gogh, Arcadia, Oceana e Legend of the Seas.
A estes novos puntos de información hai que engadirlles a oficina da Rúa Teófilo Llorente, aberta durante todo o ano e situada ao lado da rúa das Ostras e da Pedra, puntos transitados durante todo o ano por miles de excursionistas, cruceristas e turistas. Ademais, o Concello conta co punto turístico do paseo de Alfonso, monumento arquitectónico recuperado o ano pasado, durante a Volvo Ocean Race, como centro de servizo turístico.
O programa de Turismo de Vigo para a Semana Santa complétase coa posta en funcionamento do Bus Turístico, con catro percorridos diarios (ás 10:00, 12:00, 16:30 e 18:30). O Bus sairá desde a rúa Cánovas del Castillo e fará paradas no Areal, García Barbón, Policarpo Sanz, Venezuela, rotonda Monte do Castro, praza de España, praza América, Museo de Castrelos, Martín Echegaray, Castelao, Samil Praia, Alcabre e Bouzas.
Ademais, e como durante todo o ano, Turismo de Vigo ofrece o programa "Vigo en Ruta", integrado por tres rutas: "100 minutos de cultura", "100 minutos de mar" e "100 minutos de natureza". Todas as rutas turísticas son gratuítas.
Segundo os datos da Asociación de Hosteleiros de Vigo (Ahosvi), a estimación de ocupación hoteleira da cidade para os tres días fortes da Semana Santa estará por enriba do 60% e pode chegar ó 90% se hai bo tempo. A media da semana será dun 75%.
Descargar todas as imaxes