Escoitar

Convenio con Hoy por Mañana para actividades na ludoteca de integración

A concellería de Xuventude asinará un convenio de colaboración coa asociación Hoy por Mañana para realizar actividades de dinamización infantil e xuvenil na ludoteca de integración situada na zona do Calvario.

luns, 10 abr 2006
1144672167taller.jpg
As actividades están dirixidas a nenos e nenas de Vigo, de idades comprendidas entre os 4 e os 10 anos afectados ou non dalgunha discapacidade. O programa concretase na ludoteca denominada de integración que permite fomentar a interacción e tolerancia entre os menores con o sen discapacidade, a través de actividades lúdicas e de aprendizaxe.

A ludoteca está situada na rúa Sagunto 86, cun horario de 16:30 a 20:30 horas de luns a venres e conta con dúas monitoras contratadas pola Asociación de Pais a Amigos de Nenos con Parálise cerebral Hoy por Mañana, que desenvolven un programa de actividades mensual.

A sinatura do convenio aprobouna a Xunta de Goberno na sesión celebrada o luns por un importe de 13.500 euros.
Descargar todas as imaxes