Escoitar

Remata o ciclo de cine "África na gran pantalla"

Coa proxección da película ""Kirikú e a Bruxa" o mércores ás 21 .00 no Cine Salesianos remata o ciclo de cine "África na gran pantalla" organizado polas ONG’s "Jóvenes del Tercer Mundo" e Fundación "Juan Soñador" e coa colaboración da concellería de Cultura.

martes, 11 abr 2006
1144755616kiriku.jpg
"Kirikú e a Bruxa": no corazón de África, un poboado vive dominado pola malvada bruxa Karabá. Só Kirikú, un neno pequeno, ten o valor suficiente para enfrontarse á bruxa. Únete a Kirikú nunha emocionante viaxe chea de perigos e ameazas ata a montaña prohibida. Ao longo da súa aventura, Kirikú establecerá unha relación especial cos animais da selva, que o axudarán a descubrir o segredo de como derrotar a bruxa Karabá, converténdose así no novo rei da selva.

O director Michel Ocelot quixo recrear a cultura do Senegal, onde viviu durante a súa infancia, a través desta orixinal cinta de animación que nos amosa unha África estilizada, reconstruída pola memoria e a fantasía do seu realizador.
Descargar todas as imaxes