Escoitar

O Entroido trae unha fin de semana de festa a Vigo

O programa oficial do Entroido 2006 iniciarase hoxe venres ás 19:00, cando o xornalista Fernando Franco lea o pregón das festas na praza da Constitución. Despois, no mesmo lugar, celebrarase a segunda e definitiva xornada do concurso de coplas e procederase á entronización do Meco, que este ano fará referencia ao PXOM e ao multamóbil.

venres, 24 feb 2006
1140789449EntroidoCartel06.jpg
O sábado 25, vinte e tres comparsas tomarán parte no tradicional desfile, que partirá de García Barbón, seguirá por Policarpo Sanz e finalizará na Porta do Sol, lugar que será escenario, de 22:30 a 02:30, dunha verbena amenizada polas orquestras "Abanico" e "Nueva Generación". Os palcos situaranse no Sireno e preto do Centro Cultural Caixanova.

Para os máis pequenos, haberá inchables, obradoiros e actuacións na praza do Rei, na lonxa do Concello e no Auditorio Municipal, de 16:00 a 20:00 horas, o domingo 26, o luns 27 e o martes 28. O luns, ademais, os grupos "Zurrumalla" e "Gaideón" actuarán a partir das 19:30 na praza da Constitución, dentro do Festival Folk do Entroido.
Descargar todas as imaxes