Medidas de tráfico e seguridade do Entroido 2006
<br />
Co gallo da programación do Entroido 2006 adoptaranse as seguintes medidas en materia de tráfico e seguridade:
DESFILES DE COMPARSAS (25 de febreiro e 1 de marzo)
Sábado, día 25 de febreiro. "Desfile de comparsas"
PERCORRIDO:
Rúa García Barbón (dende a rúa Serafín Avendaño), rúa Policarpo Sanz e Porta do Sol (remate).
Hora de saída do desfile: 18.00 horas
Lugar de formación do desfile: entre o nó de Isaac Peral e a rúa Serafín Avendaño.
Hora de chegada das comparsas inscritas ao lugar de formación do desfile: 17,00 horas.
Mércores, 1 de marzo: Desfile "Enterro do Meco"
PERCORRIDO:
Rúa García Barbón (dende a rúa Serafín Avendaño), Policarpo Sanz e Porta do Sol (remate).
Hora de saída do desfile: 19.30 horas
Lugar de formación do desfile: Entre o nó de Isaac Peral e a rúa Serafín Avendaño.
Hora de chegada das comparsas inscritas ao lugar de formación do desfile: 18.30 horas.
Desvíos
-Os vehículos que intenten acceder ás rúas do percorrido non poderán facelo dende a hora establecida.
-Quedará cortado o tráfico procedente de Teis cara a García Barbón na rotonda de Isaac Peral.
-Quedará cortado o tráfico procedente das rúas Falperra e Pi y Margall no Paseo de Alfonso.
-Quedará cortado o acceso dende a rúa Progreso pola rúa Doutor Cadaval, non podendo saír á Porta do Sol.
-Os vehículos que procedan do Calvario pola rúa Urzáiz serán desviados no cruce coa rúa Vázquez Varela. Aconséllase a utilización da circunvalación de Arquitecto Palacios.
-Soamente se permitirá baixar Urzáiz dende os diversos cortes a aqueles vehículos que pretendan utilizar os estacionamentos públicos ou privados.
-Os vehículos que circulen pola Gran Vía descendente cara a Alfonso XII e Avda. García Barbón, serán desviados no cruce da rúa Lepanto con sentido ascendente á rúa Urzáiz.
-Os vehículos que procedan da rúa Torrecedeira serán desviados no Paseo de Alfonso cara a rúa Venezuela.
Os cortes produciranse en:
Rúa García Barbón-Isaac Peral, Paseo de Alfonso, Rúa Colón-Areal, Rúa López de Neira-Doutor Cadaval, Rúa Alfonso XIII-Cervantes, Rúa Urzáiz-Lepanto, Rúa Urzáiz-México, Rúa Urzáiz-Vázquez Varela, Rúa Canceleiro-Rosalía Castro, Rúa República Argentina-Uruguai.
Recoméndase ós vehículos procedentes de Bouzas-Bairamar con dirección ao centro da cidade, O Calvario, Travesía de Vigo, etc. a utilización da rúa Coruña, Praza de América e Gran Vía. Preferentemente recomendase a circulación pola circunvalación Arquitecto Palacios e Gran Vía.
Desaconséllase totalmente a tódolos condutores/as a circulación pola Gran Vía dende a Praza de España á rúa Urzáiz.
Desaconséllase ós vehículos procedentes de Teis que utilicen Travesía de Vigo, Arquitecto Palacios e o túnel de Beiramar.
Desaconséllase totalmente a saída da autoestrada pola rúa Alfonso XIII, debido a que ó estar pechada a rúa Cervantes, se invertirá a circulación para sair as rúas Baixada á Estación e Urzáiz.
Prevense importantes retencións nesta saída, polo que se aconsella preferentemente a saída da autoestrada por Puxeiros á Avenida de Madrid e pola Avenida de Buenos Aires á Travesía de Vigo ou túnel de Beiramar.
Pódense producir igualmente importantes retencións na saída da autoestrada por Isaac Peral-García Barbón, polo que se aconsella ós que teñan que utilizar esta saída que o fagan polo vial de acceso ó túnel de Beiramar cara á rúa Areal-rotonda da Paelleira-Beiramar.