Información pública do expediente de petición de autorización autonómica en solo con réxime urbanístico de rústico
<br />
Conforme ao previsto no artigo 41º.2.b) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública o expediente núm. 30125/422, mediante a inserción deste anuncio nun dos xornais de maior difusión do municipio e no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, durante o prazo de 20 días hábiles, que contan dende o seguinte día ao da publicación do último anuncio no xornal. O devandito expediente foi iniciado por instancia de Autocares Álvarez Vázquez, S.L. e nel solícitase autorización autonómica en solo con réxime urbanístico de rústico de protección forestal (solo clasificado como non urbanizable especialmente protexido de masas forestais no PXOU-93 vixente en Vigo) para a legalización dun aparcadoiro de vehículos (autocares) ao aire libre sen ningún tipo de edificación de nova construción, en terreos situados en Viña Grande-Bembrive, Vigo. Durante este prazo calquera persoas interesada e público en xeral poderá facer as exposicións ou alegacións que estime procedentes.
O expediente está a dispor do público e pódese consultar durante as horas de información ao público (de 9.00 a 13.30 h) no Rexistro Xeral da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo (planta baixa do edificio da Xerencia, situado na praza do Rei, s/n, Vigo).