Escoitar

Melendi inaugura a nova sala de concertos do IFEVI

O cantante Melendi protagonizará o concerto de inauguración do pavillón número 3 do IFEVI, ideado como recinto de concertos. A cita será o venres 10 de marzo ás 22 horas.

venres, 24 feb 2006
1140785113melendi1.jpg
O prezo das entradas en anticipado será de 15 euros e en taquilla de 18. As entradas estarán a venda nas sucursais de Ciaxanova , discos LP en Vigo; Hiperfroiz e Vázquez Lescalle en Pontevedra e Vilagarcía e electrónica dixital Bermello en Ourense.

O concerto de Melendi está producido pola empresa "Xcite Procutións" que chegou a un acordo con Vitrasa polo que varias liñas de autobús percorrerán a cidade e poder facilitar a subida do público ao IFEVI.

Haberá dúas liñas. Unha terá o percorrido de praza de América, Gran Vía, praza de España, avenida de Madrid , IFEVI. E outra Areal, Colón, Urzaiz, Travesía de Vigo, Genaro de la Fuente, Ramón Nieto, Cabral, vía do Tranvía e IFEVI.

As saídas realizaranse ás 20.00 horas desde os puntos sinalados e os regresos serán ás 00.00 desde o IFEVI.

O concerto está patrocinado polo Concello de Vigo, Caixanova, Faro de Vigo, 40 Principales e Vitrasa.
Descargar todas as imaxes