Concurso de coplas do Entroido
Como actividade previa ao Entroido, o xoves 23 na praza da Constitución , a partir das 19 horas terá lugar as actuacións dos grupos que participan no concurso de coplas, evento que se recuperou no 2005 despois de máis de vinte anos de ausencia.
O xoves 23 actuarán as cinco primeiras agrupacións: "Tiro-Tirolés" da UVD Candeán, "A Comparsita", "Bouzacoba" da A.V. O Freixo, "As máis mellores" e "Iso, Iso, Iso Domar.i.i". O venres 24 será o turno das 4 agrupacións restantes: "Troula do Entroido", "Os Tarteiras" da A.V. Casco Vello, "Animodo Comparsa" de Domaio e "Chourovía" da A.V. Cabral.
O inicio oficial do programa do Entroido 2006 será o venres 24 ás 19:00, cando o xornalista Fernando Franco lea o pregón das festas. Despois actuarán os restantes grupos do concurso de coplas e procederase á entronización do Meco, que este ano simbolizará o PXOM.
Descargar todas as imaxes