Escoitar

Presentación do libro "Polos mares de Galicia-Ámbitos de Galicia 2005"

O xoves 23 , as 20,00 h. no salón de actos da Casa Galega da Cultura terá lugar a presentación do libro "Polos mares de Galicia – Ámbitos de Galicia 2005", no que se recollen os relatorios e intervencións do ciclo de conferencias que, baixo o mesmo título, se desenvolveu entre o 19 de maio e o 2 de xuño do 2005.

mércores, 22 feb 2006
1140614887mares.jpeg
No libro incluese tamén unha selección bibliográfica feita por Francisco Fernández del Riego sobre fondos da Biblioteca Penzol relacionados cos diversos aspectos dos mares de Galicia, á que se engaden comentarios sobre os apartados bibliográficos.

O acto contará coa presenza do concelleiro do Área de Asuntos Sociais,Ignacio López-Chaves Castro; José Victorio Nogueira Barcia, subdirector de Zonas e Sedes da Fundación Caixa Galicia; e os ponentes das conferencias de inauguración e de clausura, Emilio González Suárez e Enrique López Veiga .

"ÁMBITOS DE GALICIA"

"Ámbitos de Galicia" é un programa que promove e organiza a Concellería de Asuntos Sociais do Concello de Vigo, que conta coa colaboración e patrocinio da Fundación CaixaGalicia a través do convenio subscrito entre as dúas entidades para a realización de actividades culturais.

A nova edición de Ámbitos de Galicia mantivo a mesma filosofía dende o seu inicio, conciliando diferentes disciplinas do coñecemento nun debate no que entren en consideración o maior número posible de correntes do pensamento, pero ao mesmo tempo é un programa dinámico, que axusta a súa estrutura dacordo coa natureza da temática de cada ciclo e aproveita as sinerxías que poideran existir con outras institucións.

Tras os primeiros dous ciclos de Ámbitos de Galicia desenvolvidos no outono do 2004, o ano 2005 preséntouse como a oportunidade de consolidar este programa aberto, dotandoo dunha regularidade no tempo e reforzando as súas sedes como escenario de debate e reflexión sobre a realidade de Galicia.

O obxectivo do programa do 2005 foi presentar a visión máis ampla, e ao mesmo tempo completa, dun dos elementos primordiais da historia, do presente e do futuro de Galicia: O mar. Sen pretender un ciclo exhaustivo, "Polos mares de Galicia", permitíu ao público asistente coñecer os aspectos xeolóxicos e biolóxicos do mar, fonte e orixe da vida; as características que fan do mar galego tan singular e importante dende o punto de vista ecolóxico; as xestas dos mariñeiros galegos ao longo da historia; a épica do deporte no mar e o futuro marítimo de Galicia.

A data de 2005 cobrou especial relevancia no que concerne ás vinculacións de Galicia co medio marítimo pola participación que a nosa cidade ten na Volvo Ocean Race, a competición naútica mais sobranceira. Vigo foi o punto de partida da volta ao mundo polo mar. Un fito que se suma aos que por seren tópicos, non deixan de resultar importantes: primeiro porto pesqueiro de Europa; un sector naval moi competitivo; industrias conserveira e conxeladora nas que conflúen a tradición e a máis moderna tecnoloxía, e centros de estudo, investigación e desenvolvemento de vangarda.
Descargar todas as imaxes