O Concello apoia a venda café de comercio xusto nas súas dependencias
A concelleira de Participación Cidadá, Marta Iglesias, anunciou que proximamente se poderá adquirir café de comercio xusto a través das máquinas de vendig e na cafetaría do Concello, despois da reunión que mantivo hoxe mércores con representantes do Fondo Galego de Cooperación e da ONG Amarante.
Deste xeito, o Concello confirma o seu apoio ao programa "O bo café é bo para todos e todas", promovido polo Fondo Galego de Cooperación e a ONG Amarante. Este programa é unha iniciativa promocional para o consumo de café de comercio xusto, dirixida tanto a institucións públicas (colexios, universidades, concellos e deputacións) como a entidades privadas. O programa pretende, así mesmo, facer aumentar o consumo deste tipo de café por parte dos cidadáns e cidadás a título individual.
"O bo café é bo para todos e todas" vénse desenvolvendo desde hai varios anos en Cataluña, Baleares e o País Vasco, acompañado de actividades de sensibilización e de formación da opinión pública. Agora esta iniciativa recibirá un novo impulso en Galicia. Así, segundo anunciou hoxe mércores Marta Iglesias, a partir de marzo haberá exposicións e degustacións de produtos de comercio xusto como galletas ou cacao nos centros cívicos de Vigo.
Os obxectivos do programa son achegar o comercio xusto á cidadanía e fomentar a concienciación sobre a temática das práctivas agrícolas e agroindustriais non respectuosas co medio ambiente, así como a das alternativas para un comercio internacional máis equjitativo. O Concello, xunto co Fondo Galego de Cooperación e Amarante, tamén espera contribuír a que a cidadanía se conciencie sobre a responsabilidade persoal contraída a través dos seus hábitos de consumo.
Descargar todas as imaxes