Aberto o prazo para participar no concurso de rondallas
A concellería de Festas e Animación organiza o XXV Concurso de Rondallas que terá lugar o día 1 de xaneiro de 2006, ás 18'00 h, no Instituto Municipal dos Deportes das Travesas. Neste concurso poderán participar todas aquelas agrupacións que teñan un mínimo de 40 compoñentes e un máximo de 120.
O número máximo de agrupacións participantes limítase a 12 (doce). Como único criterio de selección establécese a orde de inscrición no Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Aquelas inscricións realizadas antes ou despois do prazo estipulado nestas bases non serán admitidas calquera que sexa a causa.
As inscricións para este concurso deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, en impreso normalizado, dende o 10 ó 22 de decembro de 2005, ambos inclusive.
Os premios do concurso serán os seguintes:
PRIMEIRO CLASIFICADO: 2.200 euros.
SEGUNDO CLASIFICADO: 1.900 euros.
TERCEIRO CLASIFICADO: 1.300 euros.
O resto das agrupacións participantes percibirán 750 euros cada unha. Establécese un premio único de 300 euros, ó conxunto de abandeirados.
A orde de actuación das doce rondallas inscritas decidirase mediante un sorteo que se realizará na Casa do Concello, o día 23 de decembro ás 12'00 horas. Recoméndase que a este sorteo acuda un/unha representante de cada rondalla inscrita.
O xurado do concurso cualificará entre 0 e 10 puntos enteiros cada un dos seguintes elementos:
a) Vestimenta de toda a rondalla
b) Instrumentación musical
c) Evolución na pista de toda a rondalla
d) Repertorio musical
A rondalla clasificada no primeiro lugar do concurso terá que actuar o día 5 de enero na recepción os Reis Magos da "Cabalgata de Reis 2006", que organiza o Concello de Vigo á hora e lugar que lle indique a organización da mesma. Por este concepto aboaráselle un importe total de 750 euros, con todos os conceptos incluídos.
Descargar todas as imaxes