martes, 13 dec 2005
Durante os días 14, 15, 16 e 17 de decembro terá lugar a IX edición da campaña "DE BOA MAN", de divulgación de productos realizados por persoas con discapacidade. A campaña promovida pola concellería de Benestar Social e financiada pola Obra Social de Caixa Galicia, estará instalada na rúa Príncipe, esquina Velázquez Moreno.
martes, 13 dec 2005
A concellería de Festas e Animación organiza o XXV Concurso de Rondallas que terá lugar o día 1 de xaneiro de 2006, ás 18'00 h, no Instituto Municipal dos Deportes das Travesas. Neste concurso poderán participar todas aquelas agrupacións que teñan un mínimo de 40 compoñentes e un máximo de 120.
martes, 13 dec 2005
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello e a Universidade de Vigo organizan o próximo día 22 unha xornada de sensibilización e información sobre a situación actual, os retos futuros e as dificultades presentes na actualidade respecto da vitalidade da lingua galega en dous sectores clave: o mundo socio-económico e o ámbito da comunicación.