Rosendo e Padre Jony poranlle a nota rockeira ás Festas o sábado en Castrelos
O concelleiro de Festas, Ignacio López-Chaves, presentou hoxe luns o concerto de Rosendo e do Padre Jony, que terá lugar no Auditorio de Castrelos o próximo sábado, 13 de agosto, a partir das 22:30.
Ignacio López-Chaves cualificou a Rosendo de "rockeiro incombustible" e o Padre Jony de "cantante revelación". Traelos a Vigo cústalle ao Concello cerca de 50.000 euros. As entradas custan seis. A resposta do público, segundo o concelleiro, será boa porque "o rock nesta cidade sempre tivo moito éxito".
Ignacio López-Chaves engadiu que os concertos celebrados no Auditorio de Castrelos co gallo das Festas do Cristo (Hombres G, El canto del loco, The Prodigy e Deluxe) foron éxito e lembrou que "aínda nos queda o de Amaral".
Rosendo
Rosendo é un deses músicos españois incombustibles. Cunha traxectoria próxima ós 30 anos, comeza a súa andadura profesional coa banda Ñu, unha das máis importantes do panorama rock español. O último traballo de Rosendo "Lo Malo es…ni darse cuenta" púxose á venda a finais do mes de maio. Este disco é un bo reflexo do espíritu do artista, quen sen tirar a toalla nin deixarse enfeitizar polos espellismos da fama e o negocio, segue a ser un obstinado e resistente exemplo dos rockeiros no noso país.
A traxectoria deste músico ten moito que ver co rock urbano, que se ten convertido nunha verdadeira tradición. Así, Rosendo serve de referente para os que empezan e os que tratan de innovar neste campo musical.
Padre Jony
A relixión non está rifada coa música. Cando menos, iso demostra o Padre Jony. O sacerdote Joan Enric Reverté decidiu fundir as súas dúas vocacións, o sacerdocio e a música, e xa conseguiu que o seu primeiro disco, "Provocando la paz", vexa a luz.
Descargar todas as imaxes