Corina Porro recibe a Paco Araújo, directivo do Celta Vigo Urban
A alcaldesa, Corina Porro, mantivo unha reunión con Paco Araújo, directivo do equipo de baloncesto Celta Vigo Urban, na que este lle expuxo os resultados deportivos obtidos na pasada temporada nas súas distintas categorías, así como as expectativas para a que vén.
O Celta Vigo Urban é un equipo con máis de tres décadas de historia, que recibe unha axuda económica como club de elite por parte do Concello. A temporada pasada conseguiu o campionato autonómico nas categorías júnior e sénior, e fíxose co subcampionato en cadetes. Nas súas categorías inferiores xogan unhas 200 rapazas.
Segundo dixo Paco Araujo, o principal obxectivo do Celta Vigo Urban para a temporada que vén é o de entrar nos play offs e na fase final da Copa da Raíña. Estes logros acadounos o equipo vigués de maneira ininterrumpida durante os últimos oito anos.
Paco Araújo recordou o gran papel feito pola xogadora do Celta Vigo Urban Tamara Abalde nos europeos sub 16 celebrados en Polonia, onde contribuíu á victoria da selección española sendo máxima reboteadora e terceira na lista de anotadoras.
Descargar todas as imaxes