Escoitar

Julio Fernández Gayoso, insignia de Ouro de Asomega

A alcaldesa Corina Porro acudiu á entrega e destacou a presenza de Gayoso e Caixanova en todos os actos sociais, culturais e económicos da cidade.

xoves, 4 ago 2005
A alcaldesa Corina Porro acudiu hoxe xoves ao acto de imposición da insignia de Ouro por parte da Asociación de Médicos Gallegos (Asomega) a Julio Fernández Gayoso.

A alcaldesa felicitou á Asociación de Médicos pola súa acertada elección e ao homenaxeado polo seu premio e destacou no seu discurso a figura dun dos homes que máis contribuiu ao desenvolvemento de Vigo e de Galicia, tanto no ámbito empresarial como no cultural e social.

"O seu compromiso con Galicia – dixo a alcaldesa- se evidencia no exemplar proceso de fusión e constitución de Caixanova, esa entidade con proxección nacional e internacional que contribúe a facer de Galicia unha comunidade cada vez máis forte e capaz de competir a escala global".

Corina Porro salientou a presenza de Caixanova en todos os acontecementos da vida desta cidade: a cultura, o arte, o ocio, as novas tecnoloxías, a universidade, ... e a presencia de Fernández Gayoso "mostrando sempre a súa preocupación polas necesidades e inquietudes da sociedade actual e dando a oportunidade a miles de cidadáns de achegarse e participar en todos estos proxectos", dixo. "Á súa capacidade empresarial hai que añadir unha sensibilidade que lle permite facer realidade todos os seus proxectos sociais e culturais", finalizou a alcaldesa.