A Xunta de Goberno aprobou as bases do BIAL para a contratación de peóns
Os aspirantes deben ser maiores de 18 anos con capacidade legal para traballar e 3 meses de antigüedade no padrón de Vigo.
Os aspirantes deben ser maiores de 18 anos con capacidade legal para traballar e 3 meses de antigüedade no padrón de Vigo.
Vigo-Zoo está a ofrecer este verán unha serie de actividades coas que pretende atraer máis visitantes e converterse no zoolóxico de referencia en toda Galicia e o Norte de Portugal. Entre estas actividades están as visitas guiadas, a posibilidade de pasar un día no zoo, charlas e un concurso de cómics.
A presidenta da Asociación Galega de Danza solicitoulle á alcaldesa a posibilidade de crear un conservatorio de Danza na cidade. Un dos lugares onde podería asentarse é na futura escola de Arte Dramático, xa que moitas das instalacións poderían ser compartidas.
Os amantes do cine poden gozar desta arte ao aire libre estes días na praza do Rei, grazas ao ciclo "Realidade 2005", organizado pola Concellaría de Festas e Animación Sociocultural.