Escoitar

A Xunta de Goberno aprobou as bases do BIAL para a contratación de peóns

Os aspirantes deben ser maiores de 18 anos con capacidade legal para traballar e 3 meses de antigüedade no padrón de Vigo.

luns, 1 ago 2005
1122898722chem.jpg
A Xunta de Goberno Local celebrada hoxe luns no Concello de Vigo deixou, entre outros asuntos, a aprobación das bases para a selección de peóns beneficiarios do Plan Bial para as quendas 2006 e 2007.

O principal obxectivo deste plan é o de favorecer a inserción laboral dos colectivos con maiores dificultades de acceso ao mundo laboral: mozos, parados de longa duración, maiores de 45 anos, mulleres, víctimas de violencia doméstica, discapacitados...

Os contratos do programa BIAL (Brigadas de Inserción e Actuación Local) teñen un ano de duración e van dirixidos a persoas maiores de 18 anos, con capacidade legal para ser contratados, 3 meses de antigüedade no padrón de Vigo e dado de alta no Paro.
Ademais destas características básicas deberán pasar as pertinentes estrevistas persoais.

Fóra da orde do día o concelleiro José Manuel Figueroa informou de que se está formando a mesa de contratación para a construcción de 100 vivendas de protección oficial na UE de Barreiro. Tres empresas presentaron as súas propostas para esta actuación levándose a cabo un proceso restrinxido xa que o concurso aberto quedou deserto en dúas ocasións anteriores.
Descargar todas as imaxes