Escoitar

O Festival "Para Vigo me voy" continúa hoxe venres e chega á súa fin mañá sábado

Os concertos do Festival "Para Vigo me voy" continúan no Auditorio de Castrelos, hoxe venres coas actuacións de Café Tacuba e a Habana Blues Band. O Festival finalizará mañá sábado cos concertos de Mariza, Sasha e La Chicana.

venres, 29 xul 2005
1122638029tacuba.jpeg
Café Tacuba
Café Tacuba está considerado o grupo máis representativo do rock mexicano. A banda foi fundada a finais dos anos oitenta co obxectivo de tocar para pasar unha boa noite de sábado bailando. Café Tacuba está integrado por Elfego Buendía, voz principal e guitarra; Emmanuel Del Real, teclados, programación e voz; Enrique Rangel, baixo e voz; e Joselo Rangel, guitarras e voz.

Habana Blues Band, os músicos da banda sonora da película do mesmo nome de Benito Zambrano, gravada na Habana, conforman un proxecto musical que está a levar a cabo unha xira no noso país. A película, rodada este mesmo ano, conta a historia de ficción de dous músicos cubanos que procuran vivir da súa música, cando dous productores españois desembarcan na illa buscando novos talentos.

O concerto de Café Tacuba e a Habana Blues Band comezará hoxe venres ás 23:00. O prezo da entrada é de 6 euros.

Actuacións do sábado

O Festival "Para Vigo me voy" chegará á súa fin coas actuacións, o sábado 30 de xullo a partir das 23:00, da portuguesa Mariza, a mexicana Sasha e os arxentinos de La Chicana. A entrada a este concerto é libre.

Mariza naceu en Mozambique, pero vive en Portugal desde os tres anos. É considerada por moitos como a auténtica sucesora de Amalia Rodrigues, pero ten un estilo propio, cargado de gran simplicidade, que a fai ser diferente, auténtica.

Sasha iniciou a súa carreira musical no ano 1981. Ten gravado desde entón sete discos coa agrupación Timbririche e seis máis como solista. Ten colaborado tamén con importantes personalidades e participado en telenovelas e nunha serie televisiva. Na súa filmografía están as longametraxes "Bionda e Ámbar" e o curto "Una Historia viva".

O grupo La Chicana é fundado a finais de 1995 por Dolores Solá, Acho Estol e Juan Valverde, coa intención de interpretar música de tango destacando o seu espíritu trasgresor. O grupo mostrou desde os seus comenzos unha especial predilección polos ritmos canyengues e o melodrama irónico dos comenzos do tango.
1122638029tacuba.jpeg
1122638052mariza.jpeg
Descargar todas as imaxes