Escoitar

O Consello de Administración do Consorcio do Casco Vello aprobou inicialmente por unanimidade os orzamentos para o ano 2005

Os orzamentos ascenden a 324.738,66 euros e teñen por obxectivo a súa posta en funcionamento e garantir o cumprimento das súas actividades.

xoves, 28 xul 2005
O Consello de Administración do Consorcio do Casco Vello de Vigo na reunión celebrada o 28 de xullo de 2005, aprobou inicialmente por unanimidade os orzamentos para o exercicio 2005.

Estes orzamentos se cifran en 324.738,66 € e teñen como obxectivo prioritario poñer en funcionamento o Consorcio e garantir o desenvolvemento do que constituirán as súas actividades normais.

Á reunión, que se desenvolveu nun clima cordial e de colaboración, acudiron representantes das tres entidades consorciadas, Zona Franca, Instituto Galego de Vivenda e Solo, e Concello de Vigo.

Todos os asistentes coincidiron no desexo de que o Consorcio inicie, o mais rapidamente posible, as súas actividades.