A mostra internacional "Titanic, The Exhibition" estará en Vigo dende outubro
O Ifevi albergará esta mostra itinerante que viaxará por toda Europa ata chegar a Londres en 2012. A alcaldesa dixo que no ano da saída da Volvo, Vigo debe contar con todos os eventos importantes que teñan relación co mar.
A alcaldesa Corina Porro xunto co xerente do Ifevi, Arsenio Prieto, e o comisario da exposición, Jesús Ferreiro, presentaron hoxe xoves a mostra itinerante internacional "Titanic, The Exhibition", que estará no Instituto Feiral de Vigo entre o 28 de outubro e o 15 de xaneiro.
A alcaldesa resaltou o gran esforzo que supuxo traer a exposición nestas datas, pero que este responde á intención do Concello de traer todos os acontecementos relacionados co mar no ano da saída da Volvo e que esta exposición ven completar as actuacións dirixidas á renovación de espazos urbanos e a organización de eventos deportivos, festivos e culturais.
A exposición se compón fundamentalmente de 3 partes: obxectos persoais do barco e dos pasaxeiros, tales como fotos, cartas, xoias, cadeiras, etc, algúns recuperadas do fondo do mar e conservadas mediante técnicas moi avanzadas e outros cedidos polos familiares das víctimas ou dos superviventes; recreacións das instancias do buque, como os camarotes, comedores ou escaleiras; a verdadeira historia do barco, dende a saída ata o naufraxio catro días despois. Esta historia é contada persoalmente a cada visitante mediante uns auriculares e pódese elixir o idioma, incluíndo o castelán e o galego.
O percorrido da visita dura aproximadamente dúas horas é o Ifevi habilitará 1.500 metros cadrados durante os case tres meses de exposición. Se o calendario das estrelas o permite é posible a presencia do protagonista do filme, Leonardo Di Caprio ou do director James Cameron, aínda que o comisario Jesús Ferreiro dixo que era preferible separar a exposición da película.
Jesús Ferreiro repetiu que foi moi complicado traer a Vigo unha exposición tan complicada polo seu transporte, montaxe e mantemento por un período tan pequeno de tempo pero que a insistencia e a ilusión da alcaldesa, así como o interese do Ifevi e de patrocinadores tales como Caixanova o fixo posible. A exposición viaxará por outras cidades europeas como Granada, Palermo ou Amsterdam para a súa chegada a Londres no ano do centenario en 2012.
A organización estima unha cantidade de entre 150.000 e 200.000 visitantes, cunha colaboración do Concello para que todos os colexios poidan visitala. As entradas de adultos serán de 10 euros o fin de semana e 6 euros entre semana.