A Mostra do Traxe Galego chega no Berbés á súa decimoquinta edición
Amosaranse 30 traxes de todas as provincias galegas e a continuación actuarán varios grupos de música tradicional. A cita será o venres 29 ás 22,30 horas na praza do Berbés.
A Escola Municipal de Danza do Concello celebrará o próximo venres 29 de xullo a XV Mostra do Traxe Galego, que terá lugar a partir das 22,30 horas na praza do Berbés e contará co patrocinio do Corte Inglés.
A decimoquinta edición desta mostra que se iniciou a principios dos anos 90 coa iniciativa do director da Escola, Polo, ven demostrar que xa está ben consolidada na cidade, primeiro formando parte das actividades concentradas na "Semana cultural popular" de Vigo e tralo cese desta, grazas ao esforzo da Escola Municipal de Danza e á axuda do Corte Inglés.
Na presente edición amosaranse na praza do Berbés 30 traxes de home e de muller, orixinais de cada unha das provincias da nosa Comunidade Autónoma. O acto finalizará coa actuación do grupo principal da Escola Municipal de Danza "O Tarabelo", acompañado polo grupo tradicional "Airiños do Parque de Castrelos" e a actuación do grupo folk "Cachimonia" de Ferrol.