Escoitar

Djavan e Timbalada, a noite máis brasileira no Auditorio de Castrelos

Os concertos do Festival "Para Vigo me voy" continúan mañá, 28 de xullo, a partir das 23:00 no Auditorio de Castrelos, coa dúas actuacións a cargo dos brasileiros Djavan e Timbalada, que encherán de ritmos tropicais a noite viguesa. Pola tarde, os máis pequenos poderán divertirse e aprender nos obradoiros do programa infantil de verán V3.

mércores, 27 xul 2005
1122463825timbalada.jpeg
O grupo Timbalada
O traballo do brasileiro Djavan dá como resultado unha obra na que se mistura de xeito orixinal a máis xenuina música do seu país (samba, bossa, forro) con ritmos africanos e afrocaribeños e cunha influencia do jazz, funk, pop e rock.

O grupo Timbalada, caracterizado pola batida dos timbais, creou un ritmo diferente, con acentuada influencia africana. O lado estético é tamén moi marcado, e os timbaleiros, como son chamados os seus integrantes, teñen gran preocupación pola estética, que inclúe corpos pintados con motivos tribais.

Obradoiros para nenos

Pola tarde, dentro da programación infantil de verán "V3: Vigo, verán, valores", terán lugar un obradoiro de ritmos brasileiros con percusión e capoeira, na praza da Estrela, a partir das 19:00. A esa mesma hora comezará na praza Mestre D. Prudencio Rodríguez, en Coia, un obradoiro de pulseiras brasileiras e colgantes indios e outro de danzas do mundo.
Descargar todas as imaxes