Benestar social e DOA colaboran na rehabilitación de enfermos mentais
O convenio asinado hoxe mércores no Concello reservará catro prazas do centro de rehabilitación de DOA para pacientes derivados polos profesionais dos Servizos Sociais Municipais. O Concello aporta 6.000 euros para financiar estas accións.
A delegada de Participación Cidadá, Marta Iglesias Bueno, e o presidente da Asociación DOA de axuda ao enfermo mental, asinan hoxe mércores un convenio que ten por obxecto a colaboración entre ambas entidades na atención das persoas con enfermidade mental e as súas familias no centro de rehabilitación psicosocial e laboral que esta entidade ten na nosa cidade.
A finalidade do convenio é contar, ata o 31 de decembro de 2005, cunha serie de prazas no citado centro da Asociación (un máximo de catro) para persoas con enfermidade mental de idades comprendidas entre 17 e 55 anos, que poidan ser utilizadas polos pacientes derivados polos profesionais dos Servizos Sociais Municipais, cando reúnan os requisitos acordados entre as partes.
O Concello de Vigo, a través da súa Concellería de Benestar Social aporta unha cantidade de 6.000 € para financiar estas accións.
A directora de DOA, Fina Otero, recordou que a súa asociación leva traballando cos enfermos mentais da cidade dende o ano 1988, no que empezaron con catro pacientes, e que na actualidade asisten a unha media de 60 enfermos diarios, que realizan diferentes actividades dentro do programa de rehabilitación da entidade. "A demanda cada vez é maior e a nosa labor non cesa, polo que agradecemos ao Concello estes acordos que nos axudan e seguir traballando", dixo a directora.
Descargar todas as imaxes