Escoitar

A nova residencia de maiores de Barreiro entrará en funcionamento en setembro

Contará con 150 prazas residenciais e 30 de día. As obras deste centro de Caixa Galicia xa están rematadas e o centro está finalizando o seu equipamento, segundo se informou hoxe na reunión da Comisión Mixta entre o Concello de Vigo e Caixa Galicia

mércores, 27 xul 2005
1122467311mixta.jpg
A alcaldesa Corina Porro participou hoxe mércores na reunión da Comisión Mixta entre o Concello de Vigo e Caixa Galicia para a construcción e explotación dun centro xerontolóxico nos terreos onde estaba situado o antigo cuartel de Barreiro.

Na reunión da comisión mixta, integrada pola alcaldesa, o director da Obra Social de Caixa Galicia, Manuel Aguilar López, o director de Relación con Organismos, Andrés Cuns Rial e técnicos do Concello e da entidade, se informou sobre o estado das obras, que xa están finalizadas, e da súa posta en funcionamento, que se prevé para o vindeiro mes de setembro. Neste momento estase rematando o equipamento do centro, e probando o correcto funcionamento das instalacións para cumplir os prazos de inauguración e posta en marcha. A comision mixta acordou que o Concello de Vigo encargarase de urbanizar o contorno do centro, tanto no que se refire á construcción dos viais de acceso á residencia como o acondicionamento do entorno.

O centro para maiores de Barreiro contará con 150 prazas residenciais e 30 de atención diurna. O 40% das prazas serán de titularidade pública. Haberá 30 prazas subvencionadas pola Obra Social de Caixa Galicia ás que se accede a través do Concello e 6 prazas subvencionadas pola Obra Social para o Centro de Día.

O convenio de colaboración que dará lugar ás prazas concertadas, que está definiendo a comisión, asinarase en setembro. A partires dese momento os usuarios que o desexen poderán solicitar praza neste centro de maiores.
Descargar todas as imaxes