mércores, 27 xul 2005
O convenio asinado hoxe mércores no Concello reservará catro prazas do centro de rehabilitación de DOA para pacientes derivados polos profesionais dos Servizos Sociais Municipais. O Concello aporta 6.000 euros para financiar estas accións.
mércores, 27 xul 2005
Os concertos do Festival "Para Vigo me voy" continúan mañá, 28 de xullo, a partir das 23:00 no Auditorio de Castrelos, coa dúas actuacións a cargo dos brasileiros Djavan e Timbalada, que encherán de ritmos tropicais a noite viguesa. Pola tarde, os máis pequenos poderán divertirse e aprender nos obradoiros do programa infantil de verán V3.
mércores, 27 xul 2005
Amosaranse 30 traxes de todas as provincias galegas e a continuación actuarán varios grupos de música tradicional. A cita será o venres 29 ás 22,30 horas na praza do Berbés.
mércores, 27 xul 2005
O Concello informa os usuarios das piscinas municipais que durante todo o mes de agosto a das Travesas permanecerá cerrada. A piscina municipal de Teis abrirá do 1 ao 21 de agosto e a de Lavadores farao do 22 ao 31 do mesmo mes.
mércores, 27 xul 2005
O Museo Municipal Quiñones de León xa ten un estudante en prácticas que se beneficia do acordo asinado recentemente pola alcaldesa, Corina Porro, en representación do Concello, e polo reitor da Universidade de Vigo, Domingo Docampo.
mércores, 27 xul 2005
Convócase o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo para sesión ordinaria na sala de reunións da sede da Xerencia, o día 28 de xullo de 2005, ás 9,30 horas en primeira convocatoria, e media hora máis tarde en segunda, para tratar os asuntos da referida relación.