Escoitar

Anxo Fariñas levará no Verbum un obradoiro sobre o Quixote dedicado aos nenos

Terá lugar o sábado 30 a partir das 11 horas e tratará, mediante diferentes actividades, de achegar aos nenos o pracer da lectura, a figura do Quixote e os valores que Cervantes defende nesta obra, tales como a imaxinación, a fantasía ou o humor. O venres pola noita haberá un acto sorpresa no tellado do Verbum.

xoves, 28 xul 2005
1122556974cea.jpg
Dentro da programación de verán que o Verbum ten diseñado para estes meses e entre a que destaca unha biblioteca en colaboración coa Central de Vigo e un servizo de lectura e préstamo das últimas novidades do cómic, destaca con luz propia o obradoiro que terá lugar o sábado 30 dende as 11 horas da mañá en relación coa serie de actividades relacionadas coa conmemoración da publicación do Quixote.

Este obradoiro dedicado aos nenos e levado por Anxo Fariñas, tratará de achegar aos rapaces ao mundo da lectura e, por suposto, á figura do Quixote. A actividade consistirá na actuación dun contacontos moi particular e a realización de diversos xogos e actividades, así como a divulgación dos contos elaborados por Anxo Fariñas e dirixidos aos nenos onde, baseándose en historias ou personaxes do Quixote, o debuxante inventa historias onde sempre están presentes os valores que desprende a obra de Cervantes: a fantasía, a imaxinación, o humor ou o realismo de personaxes como Sancho Panza.

Tamén correspondente ás actividades de verán, a noite do venres terá reservada unha sorpresa no tellado do café Jazz aledaño ao Verbum. A sorpresa terá lugar ás 22,15 horas e farase con motivo da posta de sol.
Descargar todas as imaxes