O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo propón ao Pleno a modificación do PERI do Calvario
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo acordou proporlle ao Pleno da Corporación Local a modificación definitiva do PERI do Calvario, coa delimitación do seu polígono 11 e do sistema de actuación para a súa execución.
Co voto a favor do PP, o voto en contra do PG e a abstención do PSdeG-PSOE, o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo resolveu proporlle ao Pleno da Corporación Local a modificación definitiva do PERI do Calvario, coa delimitación do seu polígono 11 e do sistema de actuación para a súa execución.
Por outra parte, no que respecta aos asuntos de competencia da Xunta de Goberno Local, o Consello resolveu popor a aprobación inicial do proxecto expropiatorio por taxación conxunta das fincas non incorporadas á Xunta de Compensación da UA 2 Penís de Arriba, en Cabral.
Ademais, o Consello propuxo á Xunta de Goberno Local a aceptación da cesión gratuíta ao Concello de Vigo, por parte de Antonio Couto Pérez, da porción de parcela de 114 metros cadrados de superficie, segregada de feito da finca da súa propiedade, con destino ao ensanche e mellora do camiño de Pateira, en Lavadores.
No que atinxe os asuntos nos que o Consello ten competencia resolutiva, quedaron aprobadas provisionalmente axudas para a rehabilitación das vivendas situadas en Elduayen 22, 3º B; Cruz Verde 3 e Misericordia 1, 2º E.
De maneira definitiva foron aprobadas axudas para a rehabilitación das vivendas situadas en Constitución 3, 4º D; Funil 1; Poboadores 50; San Bernardo 1, 1º D; e Cruceiro Vello 5, Bouzas, así como do edificio e dos elementos comúns en Cesteiros 10 e dos elementos comúns na rúa Real 14.
Descargar todas as imaxes