Marta Iglesias clausura o campamento urbano de Teis
33 nenos e nenas acudiron durante o mes de xullo a este campamento que contou con variados obradoiros como xardinería, pintura ou reciclaxe, excursións e unha unidade temática dedicada á obra de Xullo Verne "20.000 Leguas de Viaxe Submarino".
A concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias, clausurou hoxe venres o campamento urbano "Arte e Aventuras II: A viaxe do Capitán Nemo" que comezou o pasado 1 de xullo e reuniu a máis de 30 nenos e nenas.
A Sala Relacional do Centro Cívico de Teis amosará a exposición dos traballos realizados neste Campamento polos nenos, entre eles unha reproducción en cartón do Nautilus e do Capitán Nemo, pinturas e figuras de barro cunha temática centrada no mar e no libro de Xulio Verne "20.000 Leguas de Viaxe Submarino", un mural da Atlántida, fotografías realizadas nas excursións...
A festa permitiu disfrutar dos diversos pratos que os nenos aprenderon a cociñar no Obradoiro de Cociña, e a partir das 12 horas todos os nenos axudaron a plantar unha árbore no patio do Centro aplicando os coñecementos adquiridos no Obradoiro de Xardinería.
Ás 13 horas se fixo entrega do libro "20.000 Leguas de Viaxe Submarino" co que Faro de Vigo obsequiou a cada un dos nenos que participaron no campamento dedicado a esta obra do escritor francés que vive este ano o seu centenario.
O campamento urbano do Centro Cívico de Teis foi organizado pola Asociación de veciños de Teis e reuniu a 33 nenos de entre 4 e 12 anos durante o mes de xullo, en horario de luns a venres entre as 11 e as 13 horas da mañá.
Ademais de estudar a obra de Xullo Verne, "20.000 leguas de viaxe submarina" os nenos participaron en obradoiros de técnicas de circo, xardinería, reciclaxe, cociña, fotografía, barro e pintura, e acudiron a dúas excursións á praia de Cesantes e a Vigozoo.