Escoitar

Un agosto de teatro nas rúas viguesas

O Titirirrúa e A Semana de Teatro en Familia amenizarán a praza da Estrela nesta primeira quincena do mes de agosto cun espectáculo dirixido aos nenos e tamén apto para os seus pais.

mércores, 3 ago 2005
1123072728teattrro.jpg
O concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves presentou hoxe mércores no Concello a XII edición da Semana de Teatro en Familia e o II Titirirrúa, que terán lugar na praza da Estrela entre o 1 e o 5 de agosto a primeira e do 8 ao 12 de agosto o segundo.

A XII Semana de Teatro en Familia estase desenvolvendo esta mesma semana todas as tardes a partir das 20 horas e, segundo o concelleiro, con grande éxtito de público. Preto dun millar de persoas reúnense diariamente para ver os espectáculos dos galegos Berrobambán, o Clown Teatre de Barcelona, Tanit Teatro (actúan hoxe á noite), La Stravagante Compañía (actuación de mañá) ou Lavi e Bel, que pechan a semana o venres 5 de agosto.

As técnicas son variadas: paiasos, máscaras, improvisación, mimos, clowns... todos co obxectivo de chegar por igual a pais e fillos e de conseguir sacarlles un sorriso. "Tratamos de abrir a imaxinación de nenos e pais, algo tan importante hoxe en día. Queremos que o público poida crear imaxes a partir do que está vendo", dixo Eleonore Herman, compoñente do grupo Tanit Teatro, que actúa esta noite na Praza da Estrela.

O concelleiro explicou que a idea destas dúas iniciativas teatrais ao aire libre é a de achegar o mundo do teatro aos nenos, "que non pensen que o teatro é algo alonxado deles". O orzamento con que conta este programa é, segundo comentou Ignacio López Chaves, de 35.000 euros.
Descargar todas as imaxes